InicioOrientalRibadeoRibadeo aposta por acoller importantes torneos de baloncesto

Ribadeo aposta por acoller importantes torneos de baloncesto

O edil de Deportes, Francisco Silvent, indicou: “en Ribadeo respírase baloncesto e queremos acoller máis eventos deste deporte, que ademais contribúen tamén á promoción turística do noso concello e á dinamización dos hoteis e da hostalería”.

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo aposta por acoller importantes torneos nacionais e internacionais de baloncesto. No Concello tivo unha xuntanza co presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio César Bernárdez. O obxectivo é que Ribadeo acolla importantes torneos ao longo dos vindeiros anos.

No encontro participaron o alcalde, Daniel Vega, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, así como o técnico municipal de Deportes, Iván López, e o presidente do CB Ría de Ribadeo, José Ramón Vázquez.

Silvent contou que “o que quixemos con este encontro foi trazar unha dinámica de traballo que nos permita traer a Ribadeo importantes torneos nacionais e internacionais de baloncesto. Xa o ano pasado recibimos aquí ao Breogán, en Ribadeo celebrouse tamén I Trofeo Triangular Illa Pancha de baloncesto feminino e nesta liña queremos seguir”.

O edil de Deportes indicou: “en Ribadeo respírase baloncesto e queremos acoller máis eventos deste deporte, que ademais contribúen tamén á promoción turística do noso concello e á dinamización dos hoteis e da hostalería”. E engadiu: “agradecémoslle a Julio César Bernárdez a súa visita a Ribadeo e a súa disposición a colaborar”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...