InicioOrientalRibadeoComeza o Entroido en Ribadeo coa gala dedicada á música

Comeza o Entroido en Ribadeo coa gala dedicada á música

Publicada o

- Advertisement -

Coa Gala do Antroido arrincaron tres fins de semana cargadas de actividades en Ribadeo. O Teatro encheuse de inxenio, de bo humor e de moito público onte á noite para darlle a benvida a esta tradicional celebración.

Moi aplaudidas foron todas as actuacións da Gala, que estivo dedicada á música. Polo escenario do Teatro pasaron a EMMeD de Ribadeo, as charangas Aturuxo e A Choca, o grupo Adoración do Antroido, a señora Palmira ou os mesmos Pavarotti e Salomé. A Coral Polifónica ribadense e a Banda Municipal de Música tamén estiveron presentes a través de sendos vídeos. A traca final púxoa Village People, actuación protagonizada polo equipo de goberno de Ribadeo.

O Teatro foi engalanado para a ocasión polo obradoiro de emprego Tecendo Coidados. O evento foi conducido polo xornalista Dani Gayoso.

As charangas puxeron a nota musical polas rúas de Ribadeo minutos antes do inicio da Gala do Antroido. Tamén na xornada de onte e na de hoxe ten lugar a festa do freixó con amenización musical a cargo da Discoteca Móbil La Duendeneta.

Para esta tarde ás 18:00 horas está prevista a Gala Homenaxe a todas as persoas impulsoras do Antroido de Ribadeo. Será no Teatro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...