InicioOrientalRibadeoRibadeo foi escenario do Campionato Galego de Remoergómetro

Ribadeo foi escenario do Campionato Galego de Remoergómetro

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo foi escenario este domingo, 11 de febreiro, do Campionato Galego de Remoergómetro, organizado polo  Club de Remo de Ribadeo, a Federación Galega de Remo e o Concello de Ribadeo coa colaboración da Área de Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

No evento deportivo, que se desenvolveu entre as 9:30 e as 15:00 horas, participaron 23 clubs chegados desde diferentes puntos de Galicia.

Na entrega de premios participaron a presidenta da Federación Española de Remo, Asunción Loriente, o presidente da Federación Galega de Remo, José Luis Méndez, o presidente do Club de Remo de Ribadeo, Jesús Carreira, o alcalde ribadense, Daniel Vega, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, e o edil do BNG, Pablo Vizoso.

O alcalde, Dani Vega, tivo palabras de felicitación para todas as vencedoras e vencedores, en especial para o Club de Remo de Ribadeo, que subiu varias veces ao podio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...