InicioOrientalRibadeoEsgotadas as prazas para participar na I Xornada de Tecnificación de Futbolín...

Esgotadas as prazas para participar na I Xornada de Tecnificación de Futbolín en Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

Esgotadas as prazas para participar na I Xornada de Tecnificación, que organizan FutbolínLugo e o Concello de Ribadeo coa colaboración da Xunta de Galicia.

O evento terá lugar o 26 de marzo de 10 a 14 horas e de 16 a 18 horas. A xornada, destinada a nenas e nenos de 6 a 15 anos, será impartida por adestradores titulados. Haberá un agasallo para todos os asistentes.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, comentou que “estamos moi contentos pola resposta, xa que as prazas cubríronse en tempo récord. É un grande éxito e agardamos repetir máis edicións en Ribadeo”.

Na presentación desta I Xornada de Tecnificación participaron o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, o técnico municipal de Deportes, Iván López, o xefe de Deportes da Xunta, Manuel Otero, e Diego Díaz de FutbolínLugo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...