InicioOrientalRibadeoA Xunta redactará o proxecto para construír un tanque de tormentas

A Xunta redactará o proxecto para construír un tanque de tormentas

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta redactará o proxecto para a construción dun tanque de tormentas na zona portuaria, que evite que en días de chuvias intensas os residuos saian á rúa e á ría de Ribadeo.

O alcalde, Dani Vega, dixo que “durante estes meses estivemos a xestionar, a traballar, para construír un tanque de tormentas. É unha vella reivindicación, é algo que necesita Ribadeo e tamén é algo que sistematicamente estabamos a reivindicar. Nosoutros desde a oposición xa o diciamos e agora que estamos no goberno xa damos unha resposta”.

O rexedor explicou que “imos elaborar e desenvolver todas as propostas específicas para mellorar a rede de saneamento do núcleo urbano de Ribadeo. Iso quere dicir que imos construír na zona portuaria un tanque de tormentas para evitar que saian todos os residuos á ría de Ribadeo. Isto o observamos todos, pasas polo porto e ves esa esquina chea de residuos que non podemos permitir. Si somos unha vila mariñeira e turística e que vixía e coida o medio ambiente non podemos permitir esta deixadez por parte das administracións”.

Vega indicou que “o Concello reuniuse coa Consellería, eu durante estes meses falei con Ethel Vázquez, e o que se conseguiu é algo moi importante: redactar o proxecto para construír o tanque de tormentas. Estamos a falar dun orzamento para ese proxecto de 270.000 euros e vainos concretar en qué lugar se construirá, qué se vai facer e así evitar que ese residuos vaian á ría de Ribadeo”. A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, visitou a zona portuaria nas últimas horas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...