InicioOrientalRibadeoO desfile de Entroido de Ribadeo animou as rúas da vila onde...

O desfile de Entroido de Ribadeo animou as rúas da vila onde se achegaron milleiros de persoas

O desfile repartiu 6.900 euros en premios.

Publicada o

- Advertisement -

Éxito do Desfile de Antroido que onte encheu de enxeño, humor e color as rúas de Ribadeo. Partiu ás cinco e media da Avenida Rosalía de Castro e rematou pasadas as nove da noite diante da Casa do Concello. As preto de 1.500 persoas que desfilaron polas rúas de Ribadeo foron obsequiadas cunha chocolatada na carpa instalada no Campo de San Francisco, onde tamén foron entregados os premios. Os produtos para a chocolatada foron doados por Clun e Chocolates Moreno.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, tivo palabras de agradecemento paras as sete persoas integrantes do xurado “que por primeira vez procedían de moitos concellos da nosa contorna”. E tamén deu as grazas: “a todo o persoal municipal, ao persoal de Acisa, ás asociacións e colectivos e ás persoas a título particular que traballaron durante estes días para que todas as actividades do Antroido de Ribadeo fosen unha realidade. Grazas ás voluntarias e voluntarios que onte nos acompañaron no desfile e que velaron polo bo desenvolvemento do mesmo. E grazas tamén aos milleiros de persoas que se achegaron a Ribadeo a gozar do noso Desfile, porque podemos dicir que a vila estivo a tope o Martes de Antroido”.

Os premiados foron os seguintes:

Comparsas e/ou charangas

1º premio: A Choca

2º premio: Habelas Hainas

3º premio: Ruxe Ruxe

4º premio: Folixa

5º premio: Brincadeira

6º premio: Aturuxo

Carrozas

1º: Os mesmos de sempre

2º: Campillín

3º: Os minións do norte

4º: Locos por Astérix

5º: A Contrapunto

Grupos (mínimo 3 persoas)

1º: Crazy Wonderland

2º: El reino de la manita

3º: Happy Circus

4º: De festa en Abu Dabi

Parellas

1º: Locos por la música

2º: La senda de los elefantes

3º: Bajo el mar

4º: Alén do mar

Individuais

1º: Bailemos un vals

2º: Centro Comercial El Rosal

3º: Se non as queres deixaas

Premio especial á mellor mascarita

En honor a Secundino

Grupos infantís (mínimo 3 persoas)

1º: Mouchos sabios

2º: Mergullándonos en Ribadeo

3º: Bonecas de corda

4ª: Papagaio

Parellas infantís

1º: Descarrilados

2º: Mascarita por sempre

3º: Bucaneros

Individuais infantís

1º: Astronauta

2º: A pita poñedora

3º: A Xoaniña Rei Rei

A organización tamén destacou o incremento e contía dos premios, que foron de 6.900 euros, dos que as entidades colaboradoras (Donapubli, Aquí Diario, Rotugraf Ribadeo, Serigrafía Eo, Gestión Gratelu, Espectáculos Pico, Be One, TopCad, Coto Estudios y Construcciones, Gráficas Ribadeo, Comisión de Festas e Congelados Silvent) achegan 2.400 euros.

Tamén onte foi sorteada a rifa do cocho. O número premiado foi o 991. A persoa afortunada dispón de 15 días para reclamar o seu premio á Comisión do Antroido ribadense.

Desde Acisa a súa presidenta, Carmen Cruzado, subliñou que “o Desfile de Antroido contribuíu a unha importante dinamización do sector hostaleiro na xornada de onte, festivo local en Ribadeo, tanto durante o día como pola noite. Milleiros de persoas pasaron pola vila e iso notouse nos bares, nos restaurantes e nas terrazas. Desde Acisa estamos satisfeitos por este motivo”.

O Carnaval 2024 rematará en Ribadeo coa Queima do Entroido o vindeiro sábado, 17 de febreiro, ás 21:00 horas na Avenida Rosalía de Castro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...