IniciosociedadeDenuncian que o centro de saúde de Ribadeo leva dúas semanas sen...

Denuncian que o centro de saúde de Ribadeo leva dúas semanas sen pediatra

O PSOE alerta de que hai pais que están a acudir "a clínicas privadas" e esixe ao Sergas que "cubra inmediatamente e a tempo completo" a baixa do profesional

Publicada o

- Advertisement -

O PSOE de Ribadeo denuncia que o centro de saúde leva dúas semanas sen pediatra trala ausencia do especialista, de baixa por enfermidade.

Os socialistas explican que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) envía substitutos “un ou dous días á semana”, algún dos cales “non ten a especialidade de pediatría”.

O PSOE ribadense critica así que se están a producir listaxes de agarda “moi altas”, porque “o facultativo que está non pode cubrir en un ou dous días a carga de traballo que facía o médico que está de baixa en cinco”.

1.300 TARXETAS SANITARIAS

O centro de saúde ribadense dá servizo a 1.300 crianzas, segundo indican os socialistas, que lamentan que “cando se dan urxencias, os pais téñenas que levar a especialistas privados e pagar ditas consultas”.

A candidata do PSOE á alcaldía de Ribadeo, Marta Rey, censura que “os recortes por parte da Xunta do PP están a deteriorar a nosa sanidade e os veciños non reciben o servizo que se merecen”. Por iso, esixe ao Sergas que “cubra inmediatamente a praza de pediatría”.

CASO SIMILAR EN XOVE

A situación do centro de saúde ribadense é similar á de Xove, denunciada polo BNG local e contra a que protestaron 150 veciños. No ambulatorio xovense a profesional estará de vacacións ata o 20 de marzo sen que o Sergas cubra a tempo completo á especialista. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...