IniciosociedadeRibadeo aplica xa a rebaixa do 16% do IBI comprometida para compensar...

Ribadeo aplica xa a rebaixa do 16% do IBI comprometida para compensar a suba do valor catastral

No vindeiro pleno, o martes, revisaranse as taxas e impostos para 2020, que medran un 7,2% no tocante a auga e saneamento

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo anunciou este xoves que xa está a aplicar nos recibos unha baixada do Imposto de Bens Inmobles (IBI) do 16%, comprometida para compensar a suba dos valores catastrais e que o executivo local non puido levar a cabo no anterior exercicio. Deste xeito, o custo quedará estabilizado “nun 8% menos” que no 2018.

No pleno ordinario que a corporación ribadense celebrará o vindeiro martes, 5 de novembro, revisaranse as taxas e impostos do vindeiro ano. O alcalde, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, asegurou que “non haberá incrementos agás nos casos das concesións administrativas como poden ser a piscina ou a auga e o saneamento”. O rexedor salienta que “baixará a recollida do lixo e tamén o IBI”.

Suárez Barcia explicou que “desde o goberno municipal decidimos non tocar ningunha taxa á alza, tan só aquelas onde existen concesións administrativas e existe unha obriga pactada desde o inicio das concesións de incrementar as tarifas, como é o caso da piscina, que no incremento interanual vai ser unha pequena suba do 0,1 por cento; ou da auga e o saneamento, no que vai haber unha suba polos anos nos que non se produciu, un período acumulado de sete anos, que vai supoñer un 7,2 por cento de incremento”.

RECIBO DO LIXO

O rexedor engadiu que “se vai modificar ao mesmo tempo á baixa a tarifa da taxa do lixo porque é unha obriga derivada de acollernos no seu momento a unha posibilidade que abriu Sogama, a sociedade pública da Xunta de Galicia, de bonificarnos o canon aos Concellos no caso de que fixéramos actuacións relevantes de educación ambiental e que ao mesmo tempo trasladásemos aos usuarios finais do servizo a parte correspondente”.

O alcalde de Ribadeo dixo que “por outra banda, levamos a este pleno un punto sobre o IBI no que non se modifica absolutamente nada, simplemente se lle dá unha redacción á ordenanza para evitar confusión posto que o tipo aplicable ao IBI urbano para o ano 2020 estaba situado nunha disposición transitoria nesta ordenanza, o que podía levar a unha confusión no futuro, polo que os técnicos municipais suxiren sacar esta disposición dunha transitoria e poñelo no articulado ordinario”, conclúe.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...