InicioM.ambiente e PatrimonioRibadeo constata que o 60% dos terreos incumpre a Lei de Incendios...

Ribadeo constata que o 60% dos terreos incumpre a Lei de Incendios e dá un ultimátum aos donos

Os propietarios terán quince días para limpar as parcelas e, de non facelo, o Concello procederá ás execucións subsidiarias

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo constata que, á altura do mes de agosto, “o 60%” dos propietarios con parcelas cercanas ás casas que teñen masas forestais pirófitaseucaliptos, piñeiros ou acacias– segue sen cumprir coas faixas de protección de 50 metros que estipula a Lei de Incendios. O goberno local ribadense dá un ultimátum aos titulares, que terán 15 días para limpar os seus terreos.

O equipo de goberno ribadense sinala que o helicóptero contratado para comprobar o cumprimento da normativa no municipio fotografou 405 parcelas en situación irregular. As notificacións aos propietarios destes terreos comezaron este venres. Unhas 113 aparecerán no Boletín Oficial do Estado (BOE), ao descoñecerse os titulares.

Suárez Barcia, á dereita, co técnico de medio ambiente, Jaime Pérez, e a edil de sostenibilidade ambiental, Paz Ermida. AXM

A partir da recepción dos requerimentos, os donos terán 15 días de marxe para completar os traballos necesarios. De non cumpriren, o executivo municipal iniciará os trámites de execución subsidaria. As talas faranse con cargo aos infractores, que custearán non só o investido nas mesmas, senón tamén nas fases previas do plan, como o gastado na contratación do propio helicóptero.

O goberno local traballou durante case un ano para que o municipio cumpra coa normativa. O alcalde, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, lembra que “en outubro do 2017 distribuímos un bando por todas as parroquias e só unha persoa nos fixo caso”.

En febreiro, o Concello iniciou as notificacións, con requerimentos aos 567 propietarios das máis de 700 parcelas. En maio, o goberno local buscou no BOE a 160 propietarios non identificados, dos que apareceron 47. No mes de xuño, tralo remate do período voluntario do que gozaban os propietarios para exectuar as talas, contratou ao helicóptero para revisar as parcelas. “Fixémolo porque temos uns técnicos capacitados e esforzados, porque temos recursos económicos e porque non queremos ningunha desgraza”, precisa.

Antes e despois en Siñeira. AXM

Suárez Barcia recorda que a Lei de Incendios de Galicia “leva dez anos en vigor” e que “os eucaliptos non poden chegar ás portas das casas”. O rexedor pide aos propietarios que “por favor non nos obriguen a facer execucións subsidiarias, porque nós somos xente de palabra e imos cumprir. Non imos faltarlle ao respecto a quenes xa cumpriron coa normativa e non queremos lumes forestais en Ribadeo”, conclúe.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...