Licitada a rehabilitación de dúas rúas dos cascos de Ribadeo e Rinlo

As obras, cun custo de 69.000 euros, afectarán á Rúa do Porto rinlega e a Juan Suárez Acevedo

Rúa Juan Suárez Acevedo. GOOGLE MAPS

O Concello de Ribadeo licitou as obras de rehabilitación integral da rúa do Porto de Rinlo e da vía Juan Suárez Acevedo, no casco histórico ribadense. O investimento nas actuacións será duns 68.900 euros, dos que o goberno local achegará 55.500 e o Ministerio de Fomento 13.400. 

A obra de Rinlo custará 36.000 euros e a de Ribadeo 23.000. Estes dous espazos públicos atopábanse nun estado de deterioro. Segundo o alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, as obras beneficiarán tamén “a moitos viandantes que a cotío utilizan estas vías”. 

As empresas interesadas dispoñen dun prazo de 20 días para presentar as ofertas correspondentes. O goberno local ribadense daralle prioridade ao aspecto económico sobre outras consideracións.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here