Iniciosociedade(VÍDEO) Lúa e Orión: "o milagre da natureza" da cadela que amamanta...

(VÍDEO) Lúa e Orión: “o milagre da natureza” da cadela que amamanta a un gato

Ocorreu en Ribadeo, onde un animal que nunca fora nai modificou o seu metabolismo para criar ao outro

Publicada o

- Advertisement -

Para aqueles que se odian empregamos a frase feita “levarse como o can e o gato”, pero a natureza dá constantemente, para quen sabe mirar, mostras de xenerosidade.

NUNCA FOI NAI

Nas últimas semanas demostrouno en Ribadeo, onde unha cadela que nunca foi nai, Lúa, amamanta a un gato, Orión, que atoparon abandoado.

O propietario de Lúa, Fernando Sobredo, sorpréndese pola tenrura coa que a súa mascota coida da cría, e pola súa capacidade para facelo. Pero a habilidade tamén resulta novidosa para un experto na materia como Juan Luis Amor, veterinario da clínica Anima Mundi.

AS GATAS REXEITARON A CRÍA

Sobredo, natural de Villafranca del Bierzo, sinala que un amigo atopou a cría en moi mal estado. Tentou introducila entre as súas gatas, que non aceptaron ao novo inquilino. Daquela, a cadela comezou a amamantar a Orión e a coidalo como se fose seu.

O VETERINARIO PENSOU QUE ERA “ALGO PATOLÓXICO”

Amor resalta que ao principio pensou que podía ser un problema patolóxico e prexudicar á cadela, pero “logo dímonos conta de que estaba a pasar algo moi especial”, sinala.

“Un animal estaba a cambiar o seu metabolismo para dar leite a outro individuo que non é da súa especie”, subliña. O veterinario conclúe que se trata “dun milagre da natureza”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...