InicioOccidentalViveiroA viveirense Manuela Barreiro, a primeira universitaria de Galicia

A viveirense Manuela Barreiro, a primeira universitaria de Galicia

Manuela Barreiro abriu a farmacia Moderna en Ribadeo.

Publicada o

- Advertisement -

Manuela Barreiro Pico, viveiresa nada en 1877, foi a primeira universitaria galega, feito que recoñece o Consello da Cultura Galega ao incluíla dentro do Álbum de Galicia. Trátase dunha colección dixital que dende o 2020  recolle a biografía de persoas que destacaron en diversos ámbitos como a ciencia, a cultura ou a empresa, para divulgar a súa obra.

A biografía de Manuela Barreiro Pico pódese consultar de maneira dixital, onde se datalla a importancia de ser, non só a primeira universitaria galega, senón tamén a primeira bacharel en Ciencias en Lugo e licenciada en Farmacia en Galicia. O seu ingreso na Universidade data de 1896, tras formalizar diversos trámites de acceso, axudada polo seu pai, para conseguir ser admitida nunha época na que a oposición á presenza das mulleres nas aulas universitarias era maioritaria. Ademais, tamén tivo que levar a cabo máis permisos para poder ampliar os seus estudos.

Manuela Barreiro Pico foi dende nena moi lectora e boa estudante, algo que se viu influenciado por ser filla e neta de mestres. A súa entra no álbum afirma que obtivo moi boas notas e conseguiu o grao de licenciado o 35 de xuño de 1900, pero tamén se apunta a que usaba testemuñas ao presentarse aos exames, o que fai “intuír algún problema,  como a necesidade de deixar constancia da calidade do exame ou do trato que recibe por ser muller”. 

Tras os seus estudos, tivo que sortear moitos trámites burocráticos e permisos para poder exercer, e conseguiu abrir a “Farmacia Moderna” en Ribadeo, xubilándose aos 55 anos. Viviu entre Ribadeo e Mondoñedo, ata que nos últimos anos se mudou a Madrid, onde faleceu o 29 de xaneiro de 1953.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...