O alcalde de Ribadeo tras vacinarse: “Recibín a primeira dose contra o mal becho que cambiou as nosas vidas”

"Non podemos baixar a garda, temos o verán ao virar a esquina e todos e todas nos xogamos moito", asegura.

Vacinación do rexedor de Ribadeo, Fernando Suárez / remitida

O alcalde ribadense, Fernando Suárez, recibiu hoxe a primeira dose da vacina contra a covid-19. “Atendendo a chamada para o día de hoxe, acabo de recibir a primeira dose da vacina contra o mal becho que tanto cambiou as nosas vidas neste tempo“, dixo.

Suárez Barcia espera que “o resto da poboación máis nova que eu a vaia recibindo nas próximas semanas”. “Só a ciencia, como sempre, axudaranos a saír deste pesadelo. Seguimos”, manifestou nun comunicado.

O alcalde aproveitou para facer unha chamada á responsabilidade da veciñanza e destacou que os datos indican que seguen baixando os contaxios a 14 días no seu concello. “Non podemos baixar a garda, temos o verán ao virar a esquina e todos e todas nos xogamos moito. Hai que ir con coidado e respectando as medidas sanitarias en vigor en cada momento”, indicou.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here