InicioOrientalRibadeoOutro ano máis sen Ribadeo Indiano por mor da Covid

Outro ano máis sen Ribadeo Indiano por mor da Covid

Acisa e Concello de Ribadeo estiman que, a pesar dos avances na loita contra a pandemia, seguen sen darse as condicións sanitarias axeitadas para un evento masivo destas características.

Publicada o

- Advertisement -

Neste 2021 non haberá Ribadeo Indiano. Así o acaban de anunciar os seus organizadores: Concello e Acisa, que veñen de facer público un comunicado conxunto no que explican que esta situación ten que ver, novamente, coa evolución da pandemia que non acaba de ser todo o favorable posible para celebrar este evento en xullo.

Concello e Acisa sinalan que neste ano 2021, as persoas integrantes da organización deste evento veñen observando como vai avanzando a situación pandémica, como evolucionan as diferentes normativas que afectan á reunión de persoas en espazos abertos ou pechados, os horarios, etc.

Vemos con ilusión e con esperanza que a situación sanitaria está mellorando en todos os ámbitos e que afortunadamente xa vemos a luz ao final do túnel, aínda que tampouco debemos esquecer que, a día de hoxe, hai máis poboación sen inmunizar contra este mal que inmunizada”, salientan. Por iso, advirtenq ue, calquera paso dado en falso “pode facerretroceder moitísimo, tanto en termos de saúde (é dicir, de vida) como en termos económicos”.

EVITAR NOVOS CONTAXIOS

Neste sentido, lembran que aínda que a día de hoxe non constan contaxiados por Covid en Ribadeo, hai ben poucos días este mesmo concello estivo a piques de cambiar de estado sanitario por outro máis grave, debido a un gromo que se puido ter descontrolado. Por iso, e tras unha consulta “cunha serie aleatoria de actividades comerciais, de hostalaría, de restauración e servizos, de particulares” decidiron “de xeito ponderado e sensato” non celebrar, novamente este ano, o Ribadeo Indiano.

“Debemos ser conscientes tamén de que o Ribadeo Indiano non é unha simple celebración menor, senón que é un auténtico evento de masas, que nunha situación de limitación de aforos na hostalaría se pode volver inxestionable”, suliñan. “Comprometéndonos, como non podía ser doutro xeito, a organizar o mellor evento do Indiano para o vindeiro ano 2022, unha vez superada e vencida directamente a pandemia, que a día de hoxe e probablemente durante todo o verán sigamos arrastrando”, conclúen.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...