InicioOrientalXenios da Mariña: Álvaro Martínez, o futuro da robótica

Xenios da Mariña: Álvaro Martínez, o futuro da robótica

O ribadense Álvaro Martínez acaba de proclamarse vencedor absoluto da quinta edición do Desafío Asti Challenge co seu robot 'Pairo'.

Publicada o

- Advertisement -

O ribadense Álvaro Martínez Fernández vai camiño de converterse nunha das promesas da robótica do Estado. Acaba de proclamarse vencedor absoluto da quinta edición do Desafío Asti Challenge, celebrado hai uns días en Burgos. E xa non é unha novidade, xa é a cuarta vez que o consegue.

Álvaro Martínez, único integrante do equipo Eo Tec co seu robot ‘Pairo’ foi o gañador absoluto do torneo na máxima categoría por cuarto ano consecutivo, tendo en conta que a o pasado ano non puido competir pola Covid. O obxectivo de Álvaro Martínez para esta edición do Asti Challenge era conseguir o robot de tamaño máis pequeno co mínimo custo posible e gañar o concurso.

‘Pairo’ ten unhas dimensións de 9×7 centímetros a placa e 5 centímetros de altura. Conta con microcontrolador ESP con bluetooth e Wifi, sensores TOF de distancia, sensores infravermellos para a lectura de liña, batería de litio, micromotores de 500 rpm e servomotores como actuadores.

O xurado do torneo quedou moi impresionado xa que as dimensións do robot eran mínimas e o seu custo foi dun 20% do orzamento que tiñan asignado. ‘Pairo’ conseguiu os mellores resultados en todas as probas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...