InicioOrientalRibadeoRibadeo volve recuperar vellas cintas do seu Cine Teatro nun novo espectáculo...

Ribadeo volve recuperar vellas cintas do seu Cine Teatro nun novo espectáculo audiovisual

O Teatro e o Círculo Habenero da Devesa acollen esta fin de semana este especaculo que mestura a recuperación de antigas cintas de celuloide con vídeos e música en directo.

Publicada o

- Advertisement -

O Teatro de Ribadeo e o Círculo Habanero da Devesa acollerán esta fin de semana dous concertos audiovisuais. Enmárcanse no proxecto Versión Fin, grazas ao que se recuperaron antigas cintas de celuloide que agora toman vida xunto á música. Cada espectáculo, baseado na improvisación, será único.

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, anunciou que Versión Fin, o concerto audiovisual de Iván Torres, chegará a catro lugares emblemáticos do concello este verán. Primeiro, ao Cine Teatro, a orixe de todo o traballo de investigación e creación, e despois ao Círculo Habanero da Devesa. Máis adiante ao peirao de Rinlo e a novidade represéntaa o Pazo de Cedofeita, un lugar privado que os donos poñen a disposición desta iniciativa cultural do Concello.

A edil sinalou que a reintepretación, mediante técnicas de degradación química e segundo os revelados das películas de celuloide esquecidas no antigo Cine de Ribadeo, dan como resultado unha nova e final narrativa. “Versión Fin é un proxecto audiovisual do artista Iván Torres baseado na improvisación”, apunta a edil. Cada concerto é único e formula unha conversa entre os visuais e a música, interpretada por Rafa Fernández á guitarra, Álex Salgueiro aos teclados e sintetizadores e Álvaro Trillo á batería.

O autor do proxectoVersión Fin, Iván Torres, explicou que o concerto basease na manipulación do material do Cine de Ribadeo, do celuloide que quedou abandonado nese cine, o seu procesado químico máis o seu degradado químico e un novo revelado do material.

Iván Torres é director de cine documental e de ensaio. A súa práctica está baseada na experimentación con novas narrativas e medios como a arte sonora, a fotografía documental e a performance. A maioría da súa carreira desenvolveuse entre Finlandia e Alemaña onde formou parte de produtoras como Mouka e colectivos como Mustarinda. Desde 2018 vive e traballa en Galicia e imos ter a sorte de contar con el para todas estas proxeccións.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...