- Advertisement -
Un incendio afectou a unha vivenda do centro histórico de Ribadeo na tarde este luns. O lume iniciouse nun piso da rúa Calvo Sotelo provocado por unha campá extractora.
A raíz do incidente, rexistrado ao redor das 18,00 horas deste luns, unha persoa foi trasladada a un hospital polos profesionais de Urxencias Sanitarias 061 ao sufrir unha intoxicación por fume.