InicioOrientalRibadeoRibadeo volve levar a música polas parroquias

Ribadeo volve levar a música polas parroquias

É dentro do programa "Musiqueando polas parroquias".

Publicada o

- Advertisement -

A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo retoma este curso o programa Musiqueando polas parroquias, que dera comezo antes da pandemia. Esta semana chegará ao Círculo Habanero de A Devesa. Será o xoves, 24 de xuño ás 20:00 horas.

O responsable da EMMeD, Hugo García, explica que “continuando cun dos principais obxectivos do centro, que é ser motor sociocultural do concello, a escola vén de programar unha pequena actuación na Devesa, para que as persoas que non residen no casco ribadense, e lles poida resultar máis complicado asistir ás actividades que a EMMeD habitualmente programa, as poidan coñecer máis de cerca”. “Será unha mostra do traballo que leva feito ao longo do curso unha parte do alumnado do centro”, dixo. García tamén sinala que nos próximos cursos se farán actuacións nas parroquias restantes.

SEN CELEBRACIÓN DE FIN DE CURSO

Por outra banda, o responsable da EMMeD, subliña que “decidiuse ao igual que en Nadal, por precaución e dadas as restricións actuais de aforo, non celebrar o Festival de Fin de curso. A sabendas de que este festival é un dos que máis éxito ten tanto entre o alumnado coma entre o público. Publicarase o día 26 de xuño, tanto na páxina web da EMMeD coma nas redes sociais, un festival virtual que diferentes especialidades gravaron ao longo destas semanas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...