Un veciño de Lugo foi detido pola Garda Civil como presunto autor dun delito de furto de dous pastores eléctricos en leiras da parroquia da Devesa, no municipio lucense de Ribadeo.
Así mesmo, segundo informa a Garda Civil, están investigados un veciño de Bóveda e outro de Lugo por receptación, ocultación dos obxectos subtraídos e a súa posterior venda.
Os feitos ocorreron o pasado 12 de xuño, cando se subtraeron ambos os pastores eléctricos de dúas leiras. Un deles contaba con GPS, o que fixo que os axentes puidesen rastrexar o obxecto ata dar co presunto ladrón.
E é que o pastor eléctrico foi atopado nunha vivenda de Bóveda á que foi a parar un dos obxectos roubados. Tanto o autor do furto como os dous investigados foron postos a disposición xudicial.