InicioOrientalRibadeoOs ribadenses deberán levar obrigatoriamente un botella con desinfectante para limpar os...

Os ribadenses deberán levar obrigatoriamente un botella con desinfectante para limpar os ouriños cando pasean aos seus cans

O 10 de xullo entrará en vigor a nova ordenanza de limpeza viaria e xestión de residuos que contempla novas medidas relativas ao paseo de mascotas.

Publicada o

- Advertisement -

Dentro duns días, o 10 de xullo, entrará en vigor a nova ordenanza de limpeza viaria e de xestión de residuos en Ribadeo. O concelleiro, Jorge Díaz Freije explica que esta medida ten como obxectivo que a veciñanza se comporte de xeito máis cívico.

Entre as medidas desta nova ordenanza destaca a relativa ao paseo das mascotas. “Os cans deben ir sempre atados, sexan grandes ou pequenos, cando saen á vía pública. E aqueles que pertencen ás denominadas razas perigosas teñen que levar bozo“, explica Díaz Freije. Ademais os donos dos cans teñen que recoller de forma obrigatoria os escrememtos e limpar con auga ou produtos desinfectante os ouriños.

O Concello de Ribadeo xa leva repartindo dende marzo botes desinfectantes de maneira gratuíta entra as persoas propietarias de cans para ir concienciando á poboación sobre unha medida que será obrigatoria nuns días.

TIRAR O LIXO A PARTIR DAS NOVE DA NOITE

O edil de Medio Ambiente lembra tamén á poboacion que é a partir das nove da noite cando se pode tirar o lixo nos contedores “co obxectivo de evitar que os residuos orgánicos estean fermentando todo o día ao sol ocasionando cheiros que as veces se volven insoportables”, comenta.

Tamén denuncia que é incívico tirar as cabichas e as máscaras ao chan e que non é de recibo deixar os enseres ou mobles en calquera lado. “Dous martes ao mes facemos recollida previa solicitude ao Concello. Temos ademais un punto limpo e contamos con servizo de cartón porta a porta dúas veces á semana”, recalca.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...