Comerciantes de Ribadeo inician a campaña de rebaixas animando a mercar produtos locais

Acisa Ribadeo invita aos consumidores a aproveitar as rebaixas do verán na localidade.


A Asociación de Comerciantes Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo (Acisa) inicia a súa campaña de rebaixas de verán e invita a veciños e visitantes a mercar local. 

O comercio ribadense ofrecerá descontos en comercios cun catálogo moi variado, dende roupa, xoiaría ou calzado. Dende Acisa, animan a mercar no “Centro Comercial Aberto de referencia para toda a comarca”. O presidente de Acisa Ribadeo, Francisco Iriarte, destaca “o ambiente ao aire libre e totalmente seguro sin aglomeracións” do comercio en Ribadeo.

Con esta campaña queren poñer en valor o comercio local, moi perxudicado nos últimos meses, e agredecen á “fiel clientela” que fixo que os negocios fosen saíndo adiante. Ademais, recordan que a campaña do Bono Activa Comercio da Xunta e o Bono Impulsa da Diputación de Lugo seguen activas, iniciativas que axudarán a impulsar o sector do comercio.

Por outra banda, o xerente de Acisa de Ribadeo, Jesús Pérez, pide prudencia á xente nova ante á posibilidade de transmisión de coronavirus. Tamén destaca a seguridade de bares e ocio nocturno: “O sitio máis seguro para reunirse e celebrar é a hostalaría. Nos bares e nas terrazas estase con marcarilla, gardando a distancia de seguridade e usando xel hidroalcohólico, ao igual que no ocio nocturno”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here