InicioOrientalRibadeoLevan ante a Fiscalía o uso "privado" do faro da Illa Pancha

Levan ante a Fiscalía o uso “privado” do faro da Illa Pancha

Ecoloxistas en Acción din que o "uso hostaleiro do faro da Illa Pancha vai máis aló" de autorización para a propia "rehabilitación".

Publicada o

- Advertisement -

O colectivo Ecoloxistas en Acción solicitoulle á Fiscalía de Lugo “que investigue o actual uso privado e mercantil da Illa Pancha”, no municipio de Ribadeo, por ser “un espazo ambientalmente protexido” e carecer dita actividade “dun estado de impacto ambiental realizado polo órgano competente”.

Desde o seu punto de vista, “non se cumpren os criterios básicos esixidos para garantir a protección do medio ambiente” na Illa pancha, situada a dous quilómetros da capital do municipio, na parte occidental da Ría de Ribadeo, onde hai un faro construído en 1857, que estivo operativo até 1983.

Ecoloxistas en Acción lembra que a Ría de Ribadeo ten recoñecidas varias figuras de protección, como Zona Especial de Conservación Río Eo, Humidal Protexido Ría de Ribadeo, Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN) Río Eo, Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón, Zona Húmida de Importancia Internacional (Convenio Ramsar) Ría do Eo e Zona de Especial Protección das Aves.

Este colectivo entende que o “uso hostaleiro do faro da Illa Pancha vai máis aló” de autorización para a propia “rehabilitación” do mesmo, polo que debe existir unha avaliación sobre a “afección turística na Illa Pancha”, tanto sobre as súas “consecuencias para o patrimonio natural como para a biodiversidade da contorna”.

Nese sentido, sostén que se está “incorrendo nun delito ecolóxico, polo que insta á Fiscalía a solicitar que se lle impoña a correspondente sanción ao infractor e a obriga de repor o medio ambiente ao seu estado orixinal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...