InicioOrientalRibadeoUn total de 72 persoas formaranse nos obradoiros de emprego de Ribadeo...

Un total de 72 persoas formaranse nos obradoiros de emprego de Ribadeo e Barreiros

A xunta invertiu máis de 1,5 millóns de euros nos catro obradoiros promovidos en Ribadeo.

Publicada o

- Advertisement -

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou na tarde do 1 de xullo un dos 4 obradoiros de emprego que se ofrecen en Ribadeo e Barreiros e nos que a Xunta invertiu 1,5 millóns de euros. En total, os 4 obradoiros, dous en marcha, un clausurado en decembro e outro que comezará próximamente, proporcionan formación a 72 traballadores desempregados. 

A Xunta de Galicia investiu 369.500 euros en cada un destes obradoiros, dous deles dirixidos á mocidade, e que aportan formación teórica e práctica aos participantes durante entre nove e doce que duran os proxectos. 

Un deles, o proxecto RibadeoXCamiño, pon en valor a ruta xacobea ao seu paso polo Concello de Ribadeo, e conta con 10 alumnos traballadores na modalidade de Desenvolvemento de produtos multimedia interactivos e outros 10 na de Promoción turística local e información ao visitiante. O delegado territorial, Javier Arias, visitou este obradoiro, do que subliñou que dá continuidade ao labor realizado polo obradoiro Alén do Camiño, rematado no mes de decembro. 

Neste momento tamén se desenvolve o proxecto Vencellos da Memoria, no que participan 16 menores de 30 anos que se forman nas especialidades de Produción fotográfica e Operacións de gravación e tratamento de documentos. O último dos obradoiros é o taller Territorio vivo, que comezará nas vindeiras semanas e no que tamén se levarán a cabo tarefas de tratamento e dixitalización do patrimonio documental. 

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...