Só en 16 portos dos 122 de titularidade autonómica seguirá prohibida a pesca deportiva cando, “nas próximas datas”, se publique e entre en vigor a resolución redactada por Portos de Galicia para compatibilizar esta actividade cos outros usos das dársenas. En concreto, o texto atópase en “fase moi avanzada de tramitación”, segundo destacou a presidenta do ente público, Susana Linguas.
Diso informou na comisión de pesca do Parlamento, a preguntas do deputado popular José Manuel Balseiro. Linguas, que se expresou en castelán, provocou unha queixa por parte do grupo do BNG, quen lembrou que a lei de normalización trata de fomentar o uso do galego mediante a súa utilización polos representantes públicos nas institucións. Máis información no Galicia Confidencial.