O Concello de Ribadeo iniciou estes días o rebacheo nalgúns dos puntos máis conflitivos tanto das parroquias da costa como nas do interior, segundo confirmou este mércores Marcos Villamil, o edil de Medio Rural.
“Sabemos que un concello tan grande como o noso, de máis de 100 quilómetros cadrados, ten centos de quilómetros que necesitan dunha conservación”, dixo. Así, anunciou que se están actuando en todas as parroquias coas novas técnicas de aglomerado asfáltico. “Ao longo deste ano temos previsto licitar outra serie de actuacións de arranxo integral de camiños municipais”, engadiu.
O concello comezou a operación de “rebacheo” nalgúns dos puntos máis conflitivos, tanto nas parroquias da costa como nas do interior. Os traballos foron supervisados polo alcalde, Fernando Suárez, e polos concelleiros de Obras e Medio Rural, Mónica Freire e Marcos Villamil.