A plataforma social de recomendacións Peoople, con máis de 28 mllóns de usuarios en todo o mundo, publicou o ranking cas praias españolas máis recomendadas para visitar este verán.
O listado está liderado pola praia das Catedrais. “A paraxe destaca polas formacións rochosas esculpidas ao longo dos anos polo mar Cantábrico, o que a sitúa no primeiro posto”, destaca a plataforma. Ademais, a responsable de Comunicación de Peoople, Patricia Sánchez, anima a visitar as praias que aparecen no seu listado, que foi elaborado segundo os gustos dos usuarios da plataforma. “Analizamos cales son as preferidas pola nosa comunidade e encontramos praias moi diferentes. Dende Peoople recomendamos visitalas, respetando o entorno e manténdoas sempre limpas”, comenta Sánchez.
No ranking aparecen seis praias andaluzas, tres canarias, dúas catalás e dúas valencianas. En canto as galegas aparte da praia das Catedrais que se encontra no primeiro posto, tamén aparece no sexto lugar a praia de Samil en Vigo.