70 nenos e nenas participaron entre o 5 e 10 de xullo no capus de fútbol do Atlético de Madrid que se celebrou en Ribadeo. O edil de Deportes, Jorge Díaz destadou que houbo unha colaboración moi importante da SD Ribadeo. “Ademais queremos dar as grazas aos pais e ás nais que puxeron o empeño para que estes nenos participaran”, indicou.
Ademais, suliñou que o campus promoveu valores como a “solidariedade, o compañeirismo e a igualdade”. “Creo que estamos necesitados cada vez máis deste tipo de comportamentos a través do deporte”, indicou. “Quero salientar que se divertiron e que foi unha actividade, ademais de para o coñecemento do mundo do fútbol, lúdica e que o pasaron ben esta semana en Ribadeo”, concluíu.