InicioOrientalRibadeoPor fin... Volve o cinema a Ribadeo

Por fin… Volve o cinema a Ribadeo

Hai tres novidades en carteleira: Viuda Negra,¡A todo tren! Destino Asturias yExpediente Warren: Obligado por el demonio.

Publicada o

- Advertisement -

As dúas salas de Cine Ribadeo reabrirán este venres, día 16, despois de estar pechadas desde o 13 de marzo de 2020 debido á pandemia de coronavirus. E o fan con novidades ante a situación sanitaria que estamos a vivir. “Cumpriranse todas as medidas sanitarias que esixe a normativa actual contra o Covid polo que os espectadores poden acudir con confianza”, dixo o responsable da empresa propietaria, José Miguel Gallego.

Así, as entradas serán numeradas, poderanse comprar por internet a través da súa páxina web (cineribadeo.com), haberá separación entre os diferentes grupos de persoas que asistan e cambian os horarios nunha das salas para que non sexan os mesmos nas dúas e evitar aglomeracións na entrada antes e despois das proxeccións. Deste xeito, na sala 1 manteranse os horarios que había anteriormente (18:00, 20:30 e 23:00), mentres que na sala 2 as sesións serán media hora antes (17:30, 20:00 e 22:30).

Cinema Ribadeo reabrirá coa proxección de tres películas estreadas recentemente e que están agora na carteleira dos principais cinemas españois: Viuda Negra,¡A todo tren! Destino Asturias yExpediente Warren: Obligado por el demonio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...