A Garda Civil detivo a dous mozos veciños de Barreiros de 26 e 33 anos de idade como presuntos autores dun delito de furto pola subtracción de xoias e diñeiro nunha vivenda na localidade lucense de Ribadeo.
Segundo informou o Instituto Armado, supostamente os presuntos autores furtaron xoias e diñeiro en efectivo do interior dunha vivenda situada na localidade lucense de Ribadeo.
Os efectos foron recuperados tras ser vendidos supostamente polos detidos nun establecemento da localidade de Ribadeo. Tras iso, os artigos foron entregados aos seus lexítimos propietarios, mentres que as persoas detidas en relación a estes feitos foron postas a disposición xudicial.
Por outra banda, a Garda Civil imputou en calidade de investigada a unha veciña de Sarria de 26 anos de idade como presunta autora dun delito de roubo con violencia e intimidación.
Os feitos tiveron lugar este pasado mércores no interior dun establecemento de hostalaría da localidade sarriá. A persoa investigada foi posta a disposición xudicial.