“Turistadas” prohibidas nas Catedrais, unha das praias máis protexidas de Galicia

Indignación nas redes sociais ante a presenza de turistas que se adican a facer milladoiros en zonas prohibidas.

Turistas facendo pequenos milladoiros en zonas prohibidas da praia das Catedrais /@tocamates Tuiter

As redes sociais ferven tras circular varias imaxes nas que se poden ver a turistas facendo pequenos milladoiros na Praia das Catedrais, ademais, en zonas prohibidas ante a ameaza de derrube.

Este tipo de actuacións está prohibida xa que As Catedrais é un entorno protexido no que non se pode mover nada. Ademais, este tipo de “parvadas” poden poñer en risco a vida dos propios turistas xa que se están acendo en zonas de derrube, coa posibilidade de que se produzan novos accidentes como o que xa lle custou a vida a unha turista.

A moda de facer “milladoiros” causou xa unh fonda polémica en varios areais, o máis sonado, o de Baroña, cuxa praia, diante do castro, foi obxecto deste tipo de atentados patrimoniais.

1 COMMENT

  1. Chorrada facelo, chorrada prohibilo…a marea tira con toda esa parvada.
    Millor botade unha ollada ao rstro de escuma graxenta que van deixando no mar a peste das motos de auga, eso sí que é contaminacion e non ista bobada que solo molesta estéticamente.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here