InicioOrientalCanto tempo leva rescatar a unha persoa en augas da Mariña?

Canto tempo leva rescatar a unha persoa en augas da Mariña?

Publicada o

- Advertisement -

O servizo de socorrismo e salvamento do Concello de Ribadeo realizou este xoes catro simulacros nas praias de As Catedrais e Os Castros-As Illas para analizar o tempo de reacción ante unha emerxencia.

En total participaron 8 socorristas e 3 sanitarios, que tiveron que sacar a varias persoas da auga. Os tempos empregados nos rescates nas Catedrais foron 4’10” e 5’35” e nos Castros-As Illas realizáronos en 4’40” e 4’25”.

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz Freije, lembrou que o todos os anos se fan este tipo de actuacións para estar preparados para unha emerxencia” e agradeceu os esforzos realizados polo servizo de socorrismo do Concello de Ribadeo. “Quero salientar e agradecer os esforzos que están a facer tanto os socorristas como os técnicos sanitarios porque todo isto é complexo”, dixo nun comunicado.

Os simulacros causaron expectación entre as persoas que se atopaban nas Catedrais e nos Castros no momento no que tiveron lugar os rescates.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...