InicioOrientalRibadeoO ciclo de instalacións eléctricas e automáticas de Ribadeo pode desaparecer por...

O ciclo de instalacións eléctricas e automáticas de Ribadeo pode desaparecer por falta de alumnado

Son uns estudos que, a pesar de ter gran demanda por parte do tecido empresarial da comarca, hai moi poucos estudantes interesados en cursalo.

Publicada o

- Advertisement -

O Centro Integrado de Formación Profesional Porta da Auga, de Ribadeo, oferta prazas no Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas, que ten un unha gran demanda laboral en moitas empresas. Pero se non se conseguise alumnado suficiente esta formación deixaría de ofrecerse neste centro ribadense no vindeiro curso.

O director do centro, Isidro Berdeal, explica que esté é un ciclo que ten unha gran demanda por parte do tecido empresarial da comarca pero “agora mesmo temos moi pouco alumando interesado en cursalo, co conseguinte risco de que quede suprimido da oferfa educativa”, recalca o director.

Os requisitos para acceder a este ciclo son ter unha titulación de Secundaria, ter superada a proba de acceso a ciclos medios ou ter estudos superiores a estes. Ademais, no CEIP Porta da Auga tamén se oferta a posibilidade de continuar estes estudos cun ciclo superior da mesma especialidade. A xente que estea interesada pode presentar a solicitude ata este venres, 30 de xullo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...