Descenden os contaxios en Ribadeo coa vila en nivel alto pola Covid

Os infectados pasan de 95 a 91.

Vacinación do rexedor de Ribadeo, Fernando Suárez / remitida

O alcalde, Fernando Suárez, cualifica coma boa nova o descenso de contaxios por covid, que pasaron de 95 na xornada do mércores a 91 este xoves. “Se entre tod@s actuamos ben, sen dúbida que seguiremos baixando”, suliñou o rexedor.

“Aínda son un bo feixe deles, que debemos ir baixando nos vindeiros días para ir reducindo o nivel de restricións alto no que se atopa Ribadeo. Ogallá hoxe poidamos dicir en termos de navegación, que xa pasamos o Cabo de Boa Esperanza. Se entre tod@s actuamos ben, sen dúbida que seguiremos baixando”, dixo nun comunicado.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here