InicioOrientalRibadeoQueres coñecer que oculta o ceo da Mariña?

Queres coñecer que oculta o ceo da Mariña?

Ribadeo organiza unha charla e unha observación astronómica.

Publicada o

- Advertisement -

Como é a nosa galaxia?. Como se pode observar?. Como son os principais planetas?… Estas preguntas terán resposta o vindeiro 13 de agosto en Ribadeo onde terá lugar unha charla e unha observación astronómica.

A actividade consistirá nunha conferencia ás 21:30 no Teatro e posteriormente unha observación astronómica na Praza de España. Debido á situación sanitaria actual é importante que as persoas que desexen acudir se inscriban na Área de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo (sostibilidade@ribadeo.org – 982 120 701).

Esta actividade, coa que colabora o Concello de Ribadeo, está organizada polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller, que pertence á Universidade de Santiago de Compostela, e a Axencia de Turismo de Galicia coa que este verán leva a cabo o programa Camiños de Estrelas-Xacobeo 21/22.

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...