Evacúan a un grupo de persoas que quedou atrapado pola marea na praia das Catedrais

Segundo informa o 112, a evacuación levouse a cabo sen incidentes.

As Catedrais. AXM

Axentes da Policía Local de Ribadeo e da Garda Civil evacuaron a un grupo dunhas 30 persoas que quedaron atrapadas pola marea na zona da praia das Catedrais, segundo informaron fontes policiais e do 112 Galicia.

O servizo galego de emerxencias recibiu un aviso a última hora da tarde deste martes por parte dun particular que alertaba de que había moita xente no areal e que a marea estaba a subir, co risco que iso supuña.

O 112-Galicia trasladou o aviso á Policía Local e á Garda Civil e, cando chegaron os efectivos evacuaron a zona sen que se producisen incidentes, salvo algunhas persoas que tiveron que saír camiñando con parte das pernas xa cubertas por auga.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here