InicioOrientalRibadeoQueres saber que potencialidades turísticas ofrece o Concello de Ribadeo?

Queres saber que potencialidades turísticas ofrece o Concello de Ribadeo?

Sendeirismo, ecoturismo, rutas BTT, paseos en barco, surf, kitesurf, canoas, piraguas, vela, mergullo ou parapente... Agora todo nunha nova guía de turismo.

Publicada o

- Advertisement -

RibadeoXVivo así se denomina a nova guía de turismo activo na natureza que acaba de editar o Concello con toda a información relacionada coas empresas de lecer que operan no territorio. Recolle máis de 20 actividades diferentes. Atópase en formato papel nas oficinas de turismo e tamén pode descargarse na páxina web de Turismo de Ribadeo

A revista foi presentada este venres polo alcalde, Fernando Suárez, e polo concelleiro Pablo Vizoso que destacou que esta nova guía de turismo activo na natureza #RibadeoXVivo,  recolle toda a información relacionada coas empresas de lecer que operan no territorio deste concello.

Sendeirismo, ecoturismo, rutas BTT, paseos en barco, surf, kitesurf, canoas, piraguas, vela, mergullo ou parapente, son entre outras moitas, as propostas de lecer e tempo libre que se atoparán nesta.

“O que se busca é ofrecer unha ferramenta completa, accesible e moi fácil de comprender para que os turistas que visitan Ribadeo e a nosa veciñanza poidan gozar de todas as ofertas que ofrece a natureza”, dixo Pablo Vizoso.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...