InicioOrientalCatro novos positivos elevan a sete os contaxiados na residencia de Ribadeo

Catro novos positivos elevan a sete os contaxiados na residencia de Ribadeo

A dirección do centro di que a situación é "estable".

Publicada o

- Advertisement -

Un novo cribado realizado no Centro de Atención a Maiores en Ribadeo –previsto para o vindeiro luns e adiantado a este venres– atopou 4 novos positivos, que se suman aos 3 existentes.

Segundo informou a Deputación de Lugo, todos os positivos son asintomáticos e atópanse illados na súa habitación, agás un deles, que se atopa estable no hospital e ingresado pola evolución de patoloxías previas.

Así mesmo, desde a dirección do centro, aseguraron que a situación está “estable” e avogan por seguir o cumprimento dos “rigorosos” protocolos establecidos para facer fronte á situación.

Por outra banda, o cribado realizado este venres forma parte da política da Deputación lucense de realizar cribados diarios para “protexer a saúde de traballadores e traballadoras da institución” así como tamén dos usuarios dos servizos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...