Ribadeo acollerá unha charla e unha observación astronómica que terá lugar o vindeiro 13 de agosto. Esta actividade, coa que colabora o Concello de Ribadeo, está organizada polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller e a Axencia de Turismo de Galicia.
Dende a Concellaría de Medio ambiente recordan que aínda quedan prazas libres para asisitir á actividade, apra a que é preciso inscrición previa na área de Medio ambiente do Concello de Ribadeo, a tavés do correo sostibilidade@ribadeo.org ou no teléfono 982 120 701.
“Como en anos anteriores, temos prevista unha actividade de astronomía o 13 de agosto. consistirá nunha conferencia ás 21.30 horas no Teatro e posteriormente unha observación astronómica na Praza de España“, explican dende a Concellaría. A actividade enmárcase dentro do programa Camiños de Estrelas-Xacobeo 21/22, levado a cabo pola Axencia de Turismo de Galicia.