InicioOrientalRibadeoA moeda local de Ribadeo, a Pancha, agora dixital

A moeda local de Ribadeo, a Pancha, agora dixital

Ribadeo pon en marcha a terceira edición da Pancha, a moeda local coa que queren beneficiar ao comercio local.

Publicada o

O Concello de Ribadeo pon en marcha a terceira edición da Pancha, a moeda local ribadense para a que se invirten 150.000 euros de fondos propios. Con esta moeda pretenden beneficiar e impulsar o comercio local, e esperan un retorno mínimo de 600.000 euros para os negocios de Ribadeo.
O concelleiro de Desenvolvemento Local de Ribadeo, Pablo Vizoso, destacou que nesta edición a moeda será totalmente dixital, unha nova versión que facilitará os pagos, que se farán de forma automática mediante códigos QR. Ademais, non será necesario acudir á entidade bancaria de Ribadeo, polo que “estenderá os seus efectos máis alá do límite de Ribadeo”, como indicou Vizoso.
A través do Panchapeto, os veciños poderán realizar as súas compras cun dispositivo móbil e os propietarios dos establecementos non terán que validar os tíckets de venta no concello. Con esta iniciativa pretenden beneficiar a todo o sector de comerciantes, en especial á hostalaría: “O Panchapeto non condiciona ao comprador a realizar unha compra mínima, senón que vai poder pagar a súa consumición por mínima que sexa do seu Panchapeto”.
Con respecto a outras edicións, mantéñense as características principais da pancha, Cada persoa maior de idade poderá comprar un máximo de 7 packs de 30 euros. Por cada pack recíbense 40 panchas cun valor nominal de 40 euros, e en cada establecemento non se poderán gastar máis de 80 panchas por compra.
Todos aqueles establecementos que queiran adherirse a esta campaña poderán facelo do 12 ao 27 de agosto, a través da web www.pancharibadeo.com. A terceira edición das Panchas desenvolverase do 1 de setembro ao 31 de decembro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...