InicioEconomíaAcisa moi crítica coa Xunta: "As súas restricións propician festas privadas, churrascadas...

Acisa moi crítica coa Xunta: “As súas restricións propician festas privadas, churrascadas e botellóns”

A hostalaría de Ribadeo criticou este mércores que a vila continúe con nivel alto de restricións a pesar de descender os casos activos a practicamente a metade .

Publicada o

- Advertisement -

O xerente e portavoz de Acisa Ribadeo, Jesús Pérez, criticou este mércores que a vila continúe con nivel alto de restricións a pesar de descender os casos activos a practicamente a metade e descender a incidencia acumulada. “Non entendemos esta situación moito menos cando a outros concellos con maiores incidencias e mais positivos si se lles cambia de nivel”, dixo.

“Ademais as declaracións feitas polo conselleiro de Sanidade foron canto menos desafortunadas porque seguen a pedirlle á mocidade que reduza os seus contactos. De seguir así, haberá que facer vida social mirándose ao espello“, criticou nun comunicado. Así, lembrou que as festas ou reunións nas casas están prohibidas “pero se as medidas que se establecen levan á xuventude e aos adultos a reunirse nas casas, quere dicir que as medidas non son as adecuadas”.

Deste xeito, dixo que as medidas actuais o único que fan é propiciar precisamente iso, “festas privadas, churrascadas, botellóns”… “Insistimos en que si a hostalaría tivera mais aforos e non se discriminara no acceso ao interior dos locais, moitos deses incumprimentos desaparecerían”, reflexionou.

Por iso, reclamoulle á Xunta que se lles permita traballar ao 100% e, se non, que abran unha liña de axudas directas a fondo perdido polas perdas que se están a producir, especialmente na hostalaría. “Non é xusto que sempre paguen as consecuencias os mesmos, cando non son responsables do aumento de casos. E non é xusto que baixen á metade os casos en Ribadeo e que non se relaxen as restricións”, engadiu.

Por outra banda, Jesús Pérez pediulles aos visitantes que se informen das medidas que están vixentes, que respecten aos hostaleiros e “teñan paciencia nesta situación que nos desagrada a todos”.  “Eles non poñen as normas, imponas a Xunta de Galicia, pero eles teñen que cumprilas para non ser sancionados”, apuntou.

Finalmente agradecu ao Concello de Ribadeo que poña en marcha unha nova edición das Panchas, porque contribuirá a dinamizar a economía local no último cuadrimestre do ano. “Terá unha repercusión positiva e importante nos negocios que participen na campaña, sexan asociados ou non a Acisa”, apuntou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...