InicioOrientalRibadeoConcha, a “supermuller” de Ribadeo, toda unha vida vendendo produtos da horta

Concha, a “supermuller” de Ribadeo, toda unha vida vendendo produtos da horta

É a protagonista dun dos murais de Joseba Muruzábal, de nome artístico JOSEBA MP, en Ribadeo.

Publicada o

- Advertisement -

Concha, unha veciña de Ove de 90 anos, é a “supermuller”, a protagonista dunha das pinturas murais de Joseba Muruzábal e que ocupa boa parte da fachada dun edificio na Avenida de Galiza de Ribadeo. Con esta obra, o concello quere agradecer e eloxiar a unha veciña “que leva toda a vida traendo os produtos da súa horta ao mercado de Ribadeo, e ao comercio de proximidade”.

“Queremos que sirva de homenaxe en particular a esta veciña e a todas as Conchas, a todas as mulleres traballadoras coma ela de Ribadeo, e tamén en xeral ao comercio de proximidade”, dixo a edil de Cultura, Pilar Otero.

A concelleira destacou que esta pintura trátase dun proxecto que nace de conversas xa do ano pasado e que a covid ou a propia dispoñibilidade de Muruzábal retrasaron ata o de agora. “Nas últimas décadas tense reflexionado sobre como medraron as nosas vilas e cidades, sen planificación moitas veces, e de como serían convenientes medidas para facelas máis fermosas e habitables”, destacou.

Para remediar isto en parte, nos últimos anos tense aproveitado en todos os lugares do mundo a arte mural. “Nós podemos comprobalo nas vilas de Burela ou de Sarria, na cidade de Lugo, no barrio de Canido en Ferrol, en Quiroga, en Navia de Suarna, en Oleiros ou en Carballo, entre outros concellos”, dixo e destacou que xa serven como atractivos turísticos.

Joseba Muruzábal (Cambre, A Coruña, 1984), de nome artístico JOSEBA MP, é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo e hoxe en día é un dos máximos expoñentes deste tipo de traballos artísticos e os seus deseños xa os hai en moitas vilas. En Ribadeo participou en tres edicións de Mariñarte, a mostra de arte contemporánea que amosou durante anos os traballos de artistas mozos da comarca.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...