Deteñen en Ribadeo a un menor de Madrid por causar danos en coches aparcados na vía pública

Foi posto a disposición da fiscalía de menores de Lugo.

Garda Civil. EFE

Un menor foi detido acusado de provocar danos en varios vehículos estacionados na vía publica no municipio de Ribadeo.

Segundo informa a Garda Civil, o detido, veciño de Madrid, foi posto a disposición da fiscalía de menores de Lugo.

Por outra banda, outro mozo foi detido tras provocar desfeitas nunha empresa, na que traballaba coa identidade doutra persoa, e ameazar ao encargado cunha arma branca.

O detido é un veciño de Guitiriz e supostamente atopábase suplantando a outra persoa, polo que está acusado dun suposto delito de ameazas con arma branca, outro de danos e outro de usurpación de identidade.

Segundo informa a Garda Civil, o home, que pasou a disposición xudicial, chegou a provocar desfeitas nas instalacións da empresa que ascenderían a uns 1.500 euros.

 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here