InicioOrientalRibadeoRibadeo píntase de cores para facer zonas "máis amables" para os cativos

Ribadeo píntase de cores para facer zonas “máis amables” para os cativos

A iniciativa Zonas Cativas centrarase no entorno dos centros escolares Gregorio Sanz e Sagrado Corazón de Jesús.

Publicada o

- Advertisement -

Círculos de diferentes cores e diámetros decorarán as rúas de Ribadeo. Esta é a iniciativa Zonas Cativas, que pretende crear espazos “máis amables” no entorno dos centros Gregorio Sanz e Sagrado Corazón. Os traballos de pintado comezarán esta semana, e estenderanse ao longo das rúas Carlos III, Alfredo Deaño e Avenida de Luarca.

Esta iniciativa busca “converter os espazos urbanos que usan os nosos nenos e nenas en áreas máis amables a través de formas e de cores lixeiras”, explicou a concelleira de Educación e Igualdade, Mariluz Álvarez. Ademais, tamén servirá para atraer a atención dos condutores para que circulen con especial precaución nestes espazos onde é habitual a presenza de cativos, como o entorno dos colexios. Lastra sinalou que “a densidade de círculos vai in crecendo segundo nos acercamos aos puntos de entrada e saída tanto dos centros escolares como das instalacións deportivas”.

Pola súa banda, a concelleira de Obras e Servizos Sociais, Mónica Freire, apuntou á necesidade de adaptar os espazos ás demandas da infancia e adolescencia, facendo mención á Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas e aos seus obxectivos. “Con esta iniciativa de creación de Zonas Cativas o que pretendemos é dar un chanzo máis nesa planificación e xestión urbana, onde deseñamos a nosa vila dende a perspectiva das nosas crianzas”, comentou Freire.

Segundo adiantaron ambas concelleiras, os traballos de pintado quedarán rematados nos vindeiros días.

 

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...