IniciosociedadeRibadeo presenta SetembroXNatural para gozarán do verán até o fin do mes...

Ribadeo presenta SetembroXNatural para gozarán do verán até o fin do mes que vén

O concelleiro de Turismo e alcalde en funcións, Pablo Vizoso, anunciou que “queremos seguir a potenciar a vida de Ribadeo e o seu termo municipal como referente turístico".

Publicada o

- Advertisement -

A Concellaría de Turismo presentou hoxe o proxecto SetembroXNatural co obxectivo de desestacionalizar o turismo en Ribadeo e favorecer que a tempada alta se alongue até finais do mes de setembro.

Esta iniciativa inclúe Xeorutas e visitas guiadas pola natureza para potenciar a Senda Azul e o Camiño Natural do Cantábrico así como o Camiño de Santiago.

O concelleiro de Turismo e alcalde en funcións, Pablo Vizoso, anunciou que “queremos seguir a potenciar a vida de Ribadeo e o seu termo municipal como referente turístico“. Para iso farase fincapé en ofrecer un entorno atractivo e dinámico a “aqueles visitantes que deciden optar polo noso destino, que ten na seguridade e no benestar o seu eixe central”.

O edil ribadense dixo que “sabemos que quen nos visita está cada vez máis preocupado pola seguridade e pola sustentabilidade”. Ademais diso, os visitantes demandan viaxes máis responsables, buscan destinos que coiden o seu entorno e “buscan sumar varias experiencias enriquecedoras nun único enclave que concentre todas as actividades do seu interese e aforrar así tempo nos seus desprazamentos”.

Vizoso Galdo engadiu que “por iso propoñemos unha serie de actividades que xiran arredor do goce dos nosos espazos naturais”. Entre os espazos citados polo concelleiro están á Ría de Ribadeo, á rasa costeira, ás praias e ao Camiño de Santiago ao seu paso por Ribadeo, a través da man e da colaboración con distintas empresas e profesionais.

Nesta liña, dentro deste proxecto SetembroXNatural, serán incluídas xeorutas polos cantís de Ribadeo “cunha visión xeolóxica coas que amosamos a importancia do noso litoral”. Por outra banda, haberá visitas guiadas pola natureza para potenciar a Senda Azul e o Camiño Natural do Cantábrico, ámbolos dous “con marca de recoñecemento estatal, ademais do Camiño de Santiago co gallo do Ano Santo Xacobeo”.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...