InicioEconomíaRibadeo 4X4, catro días de turismo activo para optar a diferentes premios

Ribadeo 4X4, catro días de turismo activo para optar a diferentes premios

Aos participantes propónselles un gran reto: realizar 4 actividades da oferta de turismo activo de Ribadeo integrada nesta iniciativa en 4 días consecutivos -fin de semana incluído- no mes de setembro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo coa colaboración de Acisa pon en marcha unha nova iniciativa, denominada Ribadeo 4×4. Aquelas persoas que fagan catro actividades de turismo activo no municipio durante catro días consecutivos deste mes de setembro optarán a premios.

O concelleiro de Desenvolvemento Local e Turismo, Pablo Vizoso, explicou que “Ribadeo 4×4 é un evento organizado polo Concello de Ribadeo en colaboración con Acisa no marco da iniciativa SetembroXNatural. Esta iniciativa procura persoas aventureiras con gañas de gozar dos atractivos da nosa contorna natural.

Aos participantes propónselles un gran reto: realizar 4 actividades da oferta de turismo activo de Ribadeo integrada nesta iniciativa en 4 días consecutivos -fin de semana incluído- no mes de setembro. Para isto os participantes contarán cunha tarxeta persoal que terán que ir selando na medida que realicen actividades.

Os participantes que consigan realizar o gran reto, que consiste en obter 4 selos de actividades diferentes en 4 días consecutivos, conseguirán activar automaticamente a súa tarxeta converténdoa nunha tarxeta moedeiro. Esta será individual e intransferible por valor de 20 euros para gastar en establecementos da hostalería ribadense asociados a Acisa. As recompensas deberán materializarse no propio mes de setembro. Os participantes deberán estar atentos xa que nesta edición do Ribadeo 4×4 dispoñemos dun límite de 50 tarxetas moedeiro”.

Pablo Vizoso engadiu que “aqueles participantes que consigan realizar este gran reto, pero non poidan activar a súa tarxeta moedeiro polos motivos que sexa entrarán a formar parte do sorteo dunha estancia en Ribadeo con aloxamento, almorzo e unha comida para dúas persoas (fora da época estival)”. Todo isto valorado en 200 euros e en establecementos integrados en Acisa Ribadeo.

Haberá tamén un gran premio para aqueles súper aventureiros que cheguen a realizar 6 actividades en 4 días, que constará tamén dunha estancia en Ribadeo con aloxamento, almorzo e unha comida para dúas persoas, tamén fora da época estival, valorada en 200 euros e en establecementos integrados en Acisa máis un set de produtos galegos.

Por parte de Acisa o seu xerente, Jesús Pérez, subliñou que “o que perseguimos nesta colaboración co Concello de Ribadeo, da cal estamos moi satisfeitos, é a desestacionalización do turismo”. Pretendemos ampliar a oferta turística a través do ocio de aventura e de natureza con esta actividade durante o mes de setembro. Tamén se busca darlle relevancia aos asociados, que son os establecementos participantes onde usar as tarxetas moedeiro e os premios que establecen as bases.

Acisa anima “a veciños, visitantes da nosa contorna e turistas a participar nesta nova iniciativa que poñemos en marcha porque é unha forma diferente de desfrutar de Ribadeo e da súa hostalería” a través dos premios, e tamén de aproveitar o tempo, despois de facer estas actividades, para mercar no comercio local e gozar da nosa gastronomía e da nosa hostalaría. Jesús Pérez rematou agradecendo ao Concello de Ribadeo “que nos permitira colaborar nesta iniciativa, que cremos que vai ser moi positiva”.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...