InicioOrientalRibadeoAbertos expedientes sancionadores en Ribadeo por abandono de restos de podas na...

Abertos expedientes sancionadores en Ribadeo por abandono de restos de podas na vía pública

O concelleiro de Medio Ambiente advirte que “as multas das que estamos a falar por cometer este tipo de infraccións incívicas empezan nos 750 euros".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo abriu expedientes sancionadores a persoas e empresas por deixar restos de podas na vía pública, por mexar na rúa e por abandono de enseres.

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz Freije, lembrou que “a nova ordenanza de limpeza e xestión de residuos entrou en vigor hai unhas semanas e estamos empezando a aplicala coa intención de evitar comportamentos incívicos da veciñanza e das empresas”.

O edil ribadense contou que “acabamos de abrir expediente sancionador a varias persoas, nun caso por deixar restos de podas na rúa, cando saben perfectamente que iso non se pode facer; noutro por deixar abandonados enseres na vía pública, cando toda a veciñanza é coñecedora do servizo de recollida do que dispoñemos. O único que teñen que facer é solicitalo. Estamos ante condutas que se repiten máis veces das desexables, porque un pódese despistar un día, pero ser reincidente non”.

Díaz Freije seguiu a relatar que “outro dos expedientes abertos foi a unha persoa por mexar na rúa. A estas alturas do século XXI que se produzan estes feitos é lamentable. E outro caso que nos chamou a atención e estamos en proceso de apertura do correspondente expediente sancionar é o dunha poda realizada por unha empresa nun concello veciño da que os restos foron abandonados en Ribadeo”.

O concelleiro de Medio Ambiente advirte que “as multas das que estamos a falar por cometer este tipo de infraccións incívicas empezan nos 750 euros. Non queremos que despois a xente se leve as mans á cabeza. Para ter un Ribadeo o máis limpo posible temos que concienciarnos todos e todas diso”.

E engadiu: “e non nos fartaremos de insistir e de recordalo cantas veces sexa necesario. Como o facemos no caso do lixo, pedíndolle á veciñanza (sexan particulares ou empresas) que non o depositen nos contedores ata a noite para evitar malos cheiros na época estival na rúa. E aínda así un día e outro tamén vemos como o lixo se saca a calquera hora do día”

O concelleiro denunciou que día tras día “vemos caixas a carón dos contedores, moitas veces baleiros, que foron abandonadas sen xeito, porque iso é moito máis cómodo. Temos un punto limpo e temos outros puntos instalados en diferentes localizacións da nosa vila para depositar pilas, radiografías, luminarias, etc, etc… todas e todos temos que concienciarnos da importante que ten todo isto para ver un Ribadeo o máis limpo posible e para que a nosa natureza de resinta o menos posible”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...