InicioOrientalRibadeoCastropol usa a denonimación "Ría del Eo" para promocionar unha baixada a...

Castropol usa a denonimación “Ría del Eo” para promocionar unha baixada a nado polo río

Continúa a polémica que deu comezou cos intentos de Asturias de cambiar a toponimia no pasado mes de abril.

Publicada o

Continúa a polémica na denominación sobre a Ría de Ribadeo. O concello asturián de Castropol vén de facer uso da forma ‘Ría del Eo’ para promocionar o descenso a nado do río que marca a fronteira entre Galicia e o Principado. Fíxoo a raíz dunha actividade prevista para o vindeiro sábado 18 de setembro, ás 16:00h, na que ata un total de 70 nadadores e nadadoras se poderán lanzar á travesía de 2.500 metros por augas a entre 17º e 18º.
Iso si, estará permitido o uso do neopreno e haberá premio para os tres primeiros de cada categoría. Aínda con estes galardóns, todo apunta a que a iniciativa do concello asturián fará máis eco con motivo da escolla de ‘Ría del Eo’ que polos méritos deportivos dos seus participantes. A polémica toponímica estalou a mediados do pasado mes de abril, cando se coñeceu que o Instituto Xeográfico Nacional tramitara a solicitude do Principado de Asturias para cambiar o nome oficial da Ría. Dende entón a polémica segue avanzando a ambas marxes do cauce.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...