InicioOrientalRibadeoFernando Suárez denuncia ante a Sociedade de Xestión do Xacobeo o mal...

Fernando Suárez denuncia ante a Sociedade de Xestión do Xacobeo o mal estado do albergue de peregrinos

O rexedor ribadense, Fernando Suárez, asegurou que nos últimos quince anos a administración galega non realizou investimento algún para renovar esta instalación.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, vén de dirixirlle un escrito ao director da Sociedade de Xestión do Xacobeo para denunciar o estado lamentable no que se atopa o albergue público de peregrinos que coxestionan o Concello e a Xunta.

O rexedor asegurou que nos últimos quince anos a administración galega non realizou investimento algún para renovar esta instalación. Suárez Barcia quere saber cales son os plans do Xacobeo para este albergue e subliñou que mentres non se amañe non poderá ser renovado o convenio de colaboración entre as dúas partes.

O alcalde ribadense declarou que “este novo escrito enviado á dirección do Xacobeo vén na liña destes últimos que lles fomos enviando nos últimos meses, antes do verán e dende hai anos tamén”. En ditos escritos indicábase a situación lamentable do estado, case estrutural, deste albergue público de peregrinos coxestionado por Xunta e Concello.

O Concello é o encargado das cuestións de orde menor e as estruturais son da Xunta. Suárez Barcia sinala que nos últimos quince anos a Xunta de Galicia, a través do Xacobeo, non investiu cantidade algunha no amaño e no remozado deste inmoble, que aínda que sendo pequeno “non deixa de ser o primeiro establecemento público de recepción que se atopan os peregrinos na súa entrada en Galicia cando chegan polo Camiño Norte”.

Fernando Suárez lembrou que “un anterior director do Xacobeo, hai un ano, chegou a recoñecerme que a Xunta non tivera actuado correctamente en todo este tempo e comprometeuse a efectuar as melloras estruturais necesarias para que estivera para o Xacobeo 21. O certo é que ese director xeral xa non está e que o verán do ano Xacobeo 2021 está a piques de marchar, e nada se fixo”.

O rexedor engadiu que “descoñecemos se xa se pediron as correspondentes autorizacións preceptivas, tanto a Patrimonio, a Medio Ambiente, a Costas, etc… para garantir a legalidade da actuación que se faga“.  Suárez Barcia manifestou que “agardamos saber os plans da Xunta porque, mentres isto estea así, non imos poder renovar o convenio de colaboración entre as dúas partes”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...