InicioOrientalRibadeoRibadeo presentará a semana que vén a nova edición do programa Educando...

Ribadeo presentará a semana que vén a nova edición do programa Educando en Familia

Educando en familia é un programa educativo que vai dirixido ás familias con nenos/as de idades comprendidas entre os 0 e os 6 anos, co fin de contribuír á súa formación.

Publicada o

- Advertisement -

A nova edición do programa Educando en Familia presentarase o vindeiro luns, 27 de setembro, ás 11:00 horas nas instalacións da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo. Este programa conta co apoio da Concellaría de Ensino de Ribadeo.

Educando en familia é un programa educativo que vai dirixido ás familias con nenos/as de idades comprendidas entre os 0 e os 6 anos, co fin de contribuír á súa formación e axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos seus fillos/as a través de actividades axeitadas a cada idade.

Estas sesións son abertas a todos os nenos/as entre os 0 e 6 anos, aínda que asistan a outros centros educativos (colexios, escolas infantís…).

Nesta primeira reunión informativa explicarase o funcionamento do curso, así como as actividades a realizar con nenos/as, sesións formativas e conversas.

Para máis información as persoas interesadas poden contactar coa mestra-orientadora, Encarna, no teléfono 630 77 79 49.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...