InicioOrientalRibadeoBalance positivo do I Torneo de Rugby inclusivo celebrado en Ribadeo

Balance positivo do I Torneo de Rugby inclusivo celebrado en Ribadeo

A competición tivo lugar o sábado 25 de setembro e nela participaron equipos galegos e asturianos.

Publicada o

- Advertisement -

Equipos asturianos e galegos participaron o pasado sábado día 25 en Ribadeo no I Torneo de Rugby 7 Inclusivo, que tivo lugar no Campo de Outeiro, na parroquia da Devesa. O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, fai un balance positivo do evento.

O edil ribadense apuntou que “o mellor resultado foi a fabulosa integración dos conxuntos e de todos os seus compoñentes” . A Concellaría de Deportes considera que este tipo de actividades reforzan os valores humanos na sociedade a través do deporte e máis “cando se trata no eido das modalidades minoritarias como é o caso do rugby”.

Díaz Freije tivo palabras de agradecemento para o Club de Rugby BeOne, de Ribadeo, “polo seu empeño e ás distintas administracións que colaboraron para facilitar este evento no que o Concello puxo medios e instalacións á súa disposición”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...